Balance da campaña de enoturismo Tempos de Vendima na Ruta do Viño Rías Baixas

Balance da campaña de enoturismo Tempos de Vendima na Ruta do Viño Rías Baixas

A Xunta de Galicia e a Ruta do Viño Rías Baixas fan un balance positivo da iniciativa Tempos de Vendima na súa faceta dinamizadora do turismo enolóxico na provincia de Pontevedra.

En total, participan das actividades na provincia 18 adegas (5 no Condado, 3 no Rosal e 10 no Salnés) e 10 hoteis-restaurantes (2 no Rosal e 8 no Salnés).

O Bus do Viño Rías Baixas continuará ata que finalice outubro e, debido ao seu progresivo éxito, a organización tivo que aumentar o número de prazas. O custo para quen o toma, en Vigo ou Pontevedra, é de 12 euros.

Ademais, no abano de Tempos de Vendima hai outras accións como “Camiñando entre viñedos”, “Sabores e escapada de vendima” e a ruta BTT Vedra-Ribeira do Ulla.

Dende a Ruta do Viño Rías Baixas destácase o perfil heteroxéneo do participante nas actividades.

Comparte...