‘Espacio Mahou Coruña’: Un mes de gastronomía, ocio, música y arte

‘Espacio Mahou Coruña’: Un mes de gastronomía, ocio, música y arte

Mahou elixiu a cidade de A Coruña para poñer en marcha unha iniciativa que está chamada a converterse nunha referencia do ocio innovador en Galicia. Entre o 16 de xuño e o 16 de xullo, Espacio Mahou Coruña acollerá encontros musicais, exposicións de artistas coruñeses, actuacións de distintos humoristas, talleres de tiraxe de cervexa ou masterclasses de cociña a cargo de chefs de recoñecido prestixio e Estrelas Michelin, entre outras actividades.

A partir do vindeiro venres, 16 de xuño, o histórico Edificio Labase, situado na coruñesa Praza de San Andrés, convertirase no Espacio Mahou Coruña e estará aberto ao público todos os días, desde as 12:30 horas, ata o vindeiro 16 de xullo. A planta baixa contará cun establecemento de hostalería con terraza. A través desta iniciativa, Mahou quere impulsar a cultura e o ocio na Coruña, aportando propostas innovadoras e dinamizando a actividade económica no centro da cidade herculina.

Mahou San Miguel

Mahou San Miguel é unha compañía familiar 100% española, líder do sector cervexeiro cunha cota de produción do 34%. Dispóm, ademais, de oito centros de elaboración de cervexa – site en España e un en India–, tres manantiais de auga coas súas prantas de envasado e un equipo de máis 3.000 profesionais. Mahou San Miguel conta con máis de 125 anos de historia, que comenzan co nacemento de Mahou en 1890. Desde entónc, a empresa non parou de medrar. No ano 2000, Mahou adquire San Miguel. En 2004, incorpora a marca canaria Reina e, no ano 2007, Cervezas Alhambra. Ademais, diversificou o  seu negocio coa compra en 2011 de Solán de Cabras. A internacionalización é un dos eixes estratéxicos para o desenvolvemento do seu negocio. A compañía produce máis do 70% da cervexa española que se consume en todo o mundo e está presente en máis de 70 países.

Comparte...