‘Espacio Mahou Coruña’ pecha as súas portas tras recibir máis de 10.000 visitas

‘Espacio Mahou Coruña’ pecha as súas portas tras recibir máis de 10.000 visitas

Espacio Mahou Coruña pechou as súas portas despois dun mes de intensa actividade. Desde o 16 de xuño, máis de 10.000 persoas visitou o Edificio Labase para gozar das distintas propostas musicais, gastronómicas, artísticas e de ocio plantexadas por Mahou. A cifra de visitantes é un reflexo da boa acollida que a iniciativa tivo entre os coruñeses, que convertiron cada unha das actividades que se desenvolveron no último mes nun éxito de participación.

Os ‘Encontros Musicais’, protagonizados por Sidonie, Iván Ferreiro, Antonio Orozco e Leiva, lograron espertar particularmente o interese do público coruñés. As entradas podíanse conseguir de forma gratuíta a través dunha promoción no propio Espacio Mahou Coruña e centos de persoas inscribíronse como participantes nos catro sorteos que se realizaron. As catro sesións dos ‘Diálogos entre mestres’ protagonizados por David Amor e Javier Veiga, obtiveron tamén o aplauso unánime do público coruñés. Unha acollida á que hai que sumar a boa afluencia de visitantes ao Mercado de Diseño e Novos Creadores, polo que pasaron 16 firmas galegas, maioritariamente coruñesas, durante o último mes. Os coruñeses tamén puideron gozar das propostas gastronómicas de sete dos mellores chefs do panorama actual e das sesións de arte en vivo de catro artistas.

Comparte...