Espectáculo barista con Víctor Couto en Marín

Espectáculo barista con Víctor Couto en Marín

Víctor Couto, campión barista de Galicia nos anos 2008 e 2009, mostrará os segredos do latte art e a coctelería con café aos asistentes ao espectáculo barista que terá lugar o 19 de decembro na cafetaría Leba, en Marín, a partir das 18:30 horas.

O evento enmárcase entre os promovidos polo Stracto Barista Club ao que pertence a Cafetaría Leba e que impulsa a firma Cafento, que comercializa café en cápsulas e máquinas para a súa elaboración.

Comparte...