“Espétalle un pincho” serviu de anticipo para a XLIX Festa do Carneiro ao Espeto

“Espétalle un pincho” serviu de anticipo para a XLIX Festa do Carneiro ao Espeto

Foto: Facebook Espétalle un Pincho.

Moraña celebrou este fin de semana a sétima edición de “Espétalle un pincho”, unha ruta de tapas que se enmarca dentro das actividades da  XLIX  Festa  do Carneiro  ao Espeto. Na ruta participaron un total de 9 locais hostaleiros do Concello de Moraña que presentaron as súas propostas de elaboración alternativas ao “Carneiro ao Espeto”.

A ruta incluíu tamén un concurso para elixir a mellor tapa de todas as presentadas. Así, no xurado participaron blogueiros e  blogueiras do mundo da gastronomía como Faustino Batallán de Gastro y Política o María José Basanta (de LaurelyCanela) ademais dun membro do goberno local do  Concello de Moraña, que actuou en calidade de presidente do xurado.

Así presentáronse novas ideas para elaborar pratos tendo como base o carneiro, polo que xurdiron propostas  como carneiro en salsa de romeu, carneiro asado con uvas ou carneiro en salsa de mazá. Toda unha variedade de tapas para abrir boca pensando xa na  XLIX  Festa  do Carneiro  ao Espeto, declarada de interese turístico galego e que se celebrará en Moraña entre o 27 e o 29 de xullo.

 

Comparte...