Establecementos de seis localidades galegas, finalistas nos Premios Ribeiro 2018

Establecementos de seis localidades galegas, finalistas nos Premios Ribeiro 2018

Xa se coñecen os establecementos finalistas aos Premios Ribeiro 2018 que se darán a coñecer na gala que se celebrará o próximo 26 de xuño nos claustros do Mosteiro de San Clodio, en Leiro. Santiago, A Coruña, Pontevedra, Lugo, Burela, Vigo e Ourense son o seis localidades nas que se atopan os establecementos que concorren nas categorías “Mellor Tenda Especializada- Vinoteca”,  “Mellor taberna – Bar de viños” e “Mellor Servizo de Viño en Restaurante”.

Na categoría de “Mellor tenda especializada – Viñoteca” son candidatos Juncal Alimentación (Pontevedra), O Lagar (Burela) e La tienda de Lino (A Coruña); como “Mellor taberna – Bar de viños”: Artesana (Santiago), Baraciña (Vigo) e Tamarindo (Ourense); e en “Mellor servizo de viño en restaurante”, os finalistas son: La casa de las 5 puertas (Pontevedra), Paprica (Lugo) e Bacelo Taberna Vinaria (Ourense).

A Denominación de Orixe Ribeiro vivirá o martes 26 de xuño a 7ª edición dos seus Premios D.O. Ribeiro, nos claustros do Mosteiro de San Clodio (Leiro-Ourense).

Neste evento anual recoñécese a profesionalidade nos establecementos galegos que axudan á difusión do mundo do viño, polo que se conceden galardóns en tres categorías específicas, outorgados polas adegas que pertencen á Denominación.

Na categoría de “Mellor tenda especializada – Viñoteca” son candidatos: Juncal Alimentación (Pontevedra), O Lagar (Burela) e La tienda de Lino (A Coruña).

Na categoría de “Mellor taberna – Bar de viños”, os aspirantes son: Artesana (Santiago), Baraciña (Vigo) e Tamarindo (Ourense).

Por último, na categoría de “Mellor servizo de viño en restaurante”, os finalistas son: La casa de las 5 puertas (Pontevedra), Paprica (Lugo) e Bacelo Taberna Vinaria (Ourense).

Ademais, un panel profesional de cata será o encargado de recoñecer aos mellores viños brancos, de adega e de colleiteiro, e tinto da Denominación de Orixe Ribeiro.

Recoñecemento a diversos profesionais

Durante o evento tamén se entregarán os premios honoríficos que recoñecen a traxectoria de distintos profesionais.

César Lumbreras, responsable de Agropopular na Cadena COPE, recollerá o premio “Persoeiro de Honra”; o xornalista Víctor de la Serna recibirá o galardón que recoñece a “Mellor tarefa de comunicación”, e Sonia Prince de Galimberti será galardonada co premio “Muller e viño”.

Comparte...