Estase cocendo, cita co cocido en Monforte e a Ribeira Sacra

Estase cocendo, cita co cocido en Monforte e a Ribeira Sacra

Máis de 70 establecementos hostaleiros de Bóveda, Chantada,Monforte de Lemos, Pantón, Quiroga, o Saviñao e Sober están implicados na quinta edición de “Estase Cocendo”, unha iniciativa que xunta Entroido e cocido.

Durante o mes de febreiro contarase con cocido en menú e en tapas, festas nos pubs e prezos especiais no aloxamento en hoteis, pensións e casas de turismo rural. Ademais, os mercados de Monforte que coincidan nestas datas ofrecerán os produtos típicos do Entroido, o que contribúe a engrosar o paquete turístico destas xornadas.

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo(APEHL) é a organizadora desta cita na Ribeira Sacra, que se presentou no Centro do Viño da Ribeira Sacra.

Folleto de Estase Cocendo

Comparte...