Este sábado, cociña ás cegas e taller de elaboración de queixo na Coruña

Este sábado, cociña ás cegas e taller de elaboración de queixo na Coruña

A mañá deste sábado, 24 de maio, estará marcada pola gastronomía e a cociña no Mercado Municipal da Praza de Lugo da Coruña. Volven as actividades de Degustta, enmarcadas no evento InCoruña, que contan coa colaboración do programa Co-Cooking de Hijos de Rivera.

10:00 – 11:00 Taller de elaboración de queixo fresco con Cortes de Muar: Germán García explicará os segredos da súa queixaría para conseguir un produto artesanal e de calidade, 100% galego.

11:00 – 13:00 Cociña ás cegas coa Fundación ONCE: Un taller moi especial no que se falará de seguridade na cociña e 2 invidentes compartirán fogóns cos chefs galardoados con Estrela Michelin Beatriz Sotelo e Luis Veira “en igualdade de condicións”, xa que os cociñeiros traballarán cos ollos vendados.

13:00 – 14:00 Taller de gintonics con barmans de Beefeater e Plymouth

13:00 – 14:30 Cociña para singles con Thermomix

A próxima cita do programa Degustta será o 31 de maio e terá como protagonistas a Chechu Rey falando sobre saúde e deporte e Celicatessen, ensinándonos como facer repostaría creativa sen gluten.

A participación en todas as actividades é gratuíta, logo de inscrición. Toda a información está dispoñible na web www.degustta.es.

Comparte...