Estrella Galicia estrea a súa cervexa de castañas

Estrella Galicia estrea a súa cervexa de castañas

Tralas anteriores edicións degustación de Pementos de Padrón, Percebes da Costa da Morte e Cabaza e Vainilla, a Fábrica de Cervexas Estrella Galicia non dubidou nin un chisco en lanzarse esta tempada a polo sabor do outono e a súa seguinte innovación foi a cervexa de castañas.

En plena época de magostos Hijos de Rivera volve sorprender aos consumidores coa súa creatividade lanzando unha edición limitada de 8.000 litros en formato botella de 50 cl que comezará a verse nos establecementos seleccionados nos vindeiros días e que, a partir do 28 de novembro, poderase adquirir a través da súa web.

Receitas para sorprender de terra, mar e aire” é o lema co que os mestres cervexeiros de Estrella Galicia denominaron este proxecto que xa leva en proceso varios anos. En palabras de Luís Alvar “o ingrediente estrela é un clásico do outono coma a castaña, que temos introducido en dúas fases do proceso para obter toda a súa esencia: durante a elaboración do mosto en na etapa de maduración”. O Mestre Cervexeiro de Estrella Galicia, sinala que se mantén o espírito artesanal: “tanto o sabor coma o recendo da castaña queda perfectamente integrado dentro das características propias do noso estilo de cervexas”.

A esencia a froitos secos e castañas e o sabor sedoso e acaramelado son, sen dúbida, unha experiencia digna de saborear. As anteriores edicións esgotáronse en cuestión de horas e prevese o mesmo con esta última.

Comparte...