Estrella Galicia lanza unha edición especial para homenaxear ao Camiño

Estrella Galicia lanza unha edición especial para homenaxear ao Camiño

Estrella Galicia presenta unha edición especial de botellas dedicadas ao Camiño de Santiago. Así, a cervexeira poñerá esta semana no mercado preto de 15 millóns de botellas, que poderán consumirse en distintos establecementos desde León ata Galicia. O obxectivo desta edición especial é acompañar aos peregrinos durante as últimas etapas da ruta Xacobea.

“Un Camiño diferente”, é precisamente o título desta nova edición de botellas de Estrella Galicia, que pretende render homenaxe ao Camiño e ao seu enorme valor cultural e patrimonial. O deseño das etiquetas destas novas botellas está baseado en dous importantes símbolos do Camiño: os selos que van obtendo os peregrinos durante o seu percorrido para lograr a Compostela e as coñecidas frechas amarelas, que sinalan a dirección que se debe seguir durante toda a ruta.

Ademais esta nova edición de botellas estará ligadas a outras promocións relacionadas tamén co Camiño como a posibilidade de que os consumidores obteñan merchandising ou abonos para o festival O Son do Camiño.

Comparte...