Estrela Galicia lanza a súa cervexa sen glute

Estrela Galicia lanza a súa cervexa sen glute

A nova elaboración de Estrella Galicia, Estrella Galicia sen Glute, conta co respaldo da FACE, a Federación de Asociacións de Celíacos de España e responde á demanda deste colectivo para poder gozar dunha cervexa apta para celíacos. Na elaboración desta nova cervexa sen glute aplicouse un proceso totalmente novo que permitan manter o carácter e a calidade da cervexa e que consistiron na aplicación dunha encima tras a súa elaboración, o que permite que Estrella Galicia sen Glute teña exactamente as mesmas características que o produto orixinal.

O selo acreditativo de “apto para celíacos” obtívose tras a realización dunha auditoría por AENOR durante a que se avaliou tanto o proceso produtivo como resultado do produto final. Estrella Galicia sen glute envásase en botellas non retornables de 33 cl. con tapón abre-fácil e comercializarase en agrupacións de 4 unidades tanto na canle de alimentación como en hostalaría de forma paulatina en todos os mercados nos que está presente a compañía.

Comparte...