Destacada presenza de Estrella Galicia no World Beer Challenge 2016

Destacada presenza de Estrella Galicia no World Beer Challenge 2016

As cervexas 1906 Red Vintage e 1906 Reserva Especial, de Estrella Galicia, conseguiron cadansúas medallas de ouro no World Beer Challenge 2016

Estas dúas bebidas, pertencentes á gama 1906, acadaron 97 e 96 puntos sobre 100 respectivamente. Algúns dos factores que os expertos tiveron en conta á hora de puntuar estas bebidas foron a súa calidade e sabor.

Da 1906 Red Vintage destacaron “as súas sutís notas de caramelo e café que desembocan en aromas florais que recordan ó lúpulo”; e no caso de 1906 Reserva Especial premiouse “o seu sabor único, de inteso amargor e equilibrio”.

Pola súa parte, a cervexa 1906 Black Coupage obtivo unha medalla de plata con 94 puntos sobre 100, recoñecendo “os seus aromas tostados e un prolongado amargor en boca, matizado por sutís notas afumadas e amadeiradas con recordos a regalicia e cacao”.

Comparte...