Estrelas Michelin galegas brillarán no Porto da man de Hijos de Rivera

Estrelas Michelin galegas brillarán no Porto da man de Hijos de Rivera

Xosé Cannas, Pepe Solla, Yayo Daporta e Javier Olleros serán os protagonistas das xornadas “ Estrelas da Galiza” que se desenvolverá no Porto ata finais de ano no restaurante Oficina, referente de dinamización cultural da cidade lusa. O chef Marco Gomes será o anfitrión desta actividade, que conta coa colaboración de Estrela Galicia a través da súa marca de cervexa reserva especial 1906.

A iniciativa, que coincide co segundo aniversario do establecemento porteño, busca tamén axuntar arte, lingua e experiencias de dúas rexións moi próximas que comparten sinerxias gastronómicas como son Galicia e a rexión Norte de Portugal.

O 27 de setembro o cambadés Daporta será a “estrela” convidada, o 17 de outubro Pepe Solla, o 21 de novembro Javier Oleiros e pechará o ciclo Cannas o 12 de decembro.

 

Comparte...