O Ravioli de boi de mar de A Tafona, tapa gañadora do Santiago(é)tapas

O Ravioli de boi de mar de A Tafona, tapa gañadora do Santiago(é)tapas

Ravioli de boi de mar do restaurante A Tafona foi a tapa gañadora do primeiro premio do concurso de tapas de Santiago de Compostela, Santiago(é)tapas, cuxos galardóns foron entregados no transcurso da cea de celebración de Santa Marta, a patroa do gremio da hostalería.

O segundo premio do xurado correspondeu ao Fish coffee do Curro da Parra, mentres o terceiro premio foi para as Fabas de Lourenzá con cogomelos e algas do restaurante Acio.

Pola súa parte, o público concedeu dous premios a través das súas votacións. O premio “Tapa do público 12” foi para a Crema callada de castañas con bombón de mirabeles, licor café e mandarinas do hotel Puerta del Camino mentres que o premio “Excelente 12” correspondeu a El Olivo.

Entre os membros do xurado que elixiron as tapas gañadoras estaban os cociñeiros Pepe Solla, Flavio Morganti, Alfonso González (Casa Pendás) e Marco Varela, así como a directora do Centro Superior de Hostelería de Galicia, Patricia Cuevas, e o director do centro de Lamas de Abade, Ramiro Esparís.

Fotos: www.santiagoetapas.com

Comparte...