Etiqueta Negra volverá a Pontevedra os días 10, 11 e 12 de novembro

Etiqueta Negra volverá a Pontevedra os días 10, 11 e 12 de novembro

A feira de Etiqueta Negra xa conta con máis participantes confirmados que na súa anterior edición

Etiqueta Negra retornará ao Recinto Feiral de Pontevedra os días 10, 11 e 12 de novembro, coa intención de proseguires coa súa consolidación na que será a súa terceira celebración.

Dende a súa organización apúntase que 70 expositores xa confirmaron a súa asistencia e a cifra segue a medrar; con firmas que repiten e outras que se apuntan por vez primeira.

En Etiqueta Negra desenvolveranse espectáculos de cociña en directo, cursos específicos para profesionais e público xeral, charlas, e máis presentacións.

Non han faltar produtos coma congro seco, vaca cachena, hidromel, bebidas saudables ou botelo.

Organizada dende o Concello de Pontevedra, a feira Etiqueta Negra na súa ultima edición de 2017 contou con máis de 6.400 visitas; 68 produtores e preto de 200 reunións de traballo no seu Punto de Encontro Profesional.

Ademais de en Pontevedra, esta feira gastronómica tamén se presentou en Catalunya, concretamente no Centro Galego de Barcelona.

Comparte...