Máis de 8.000 persoas achegáronse á feira Etiqueta Negra Gourmet, en Pontevedra

Máis de 8.000 persoas achegáronse á feira Etiqueta Negra Gourmet, en Pontevedra

Nas zonas de actividade desta feira gastronómica galega desenvolvéronse 73 actividades

A feira Etiqueta Negra Gourmet, celebrada do 9 ao 11 de novembro no Recinto Feiral de Pontevedra contou cos cociñeiros Pepe Solla, Iñaki Bretal, Yolanda León, Juanjo Pérez, Iván Domínguez, Manu Núñez, Daniel Guzmán ou Julio Sotomayor

Etiqueta Negra viviu unha edición de consolidación da súa proposta diferenciada. Nesta feira profesional, atraínte para público gourmet e profesional, xuntáronse -segundo a organización- un total de 8.124 persoas.

As cifras deste ano apuntan a 109 expositores, con destacada presenza de viño, conservas e queixos de calidade; a visita de máis de 359 profesionais acreditados; e de 900 alumnos e alumnas de centros de ensino de hostalería, restauración, dietética e nutrición e cociña.

Na Zona de Catas, na Viñoteca e no Espazo Etiqueta –espazos destacados da feira– desenvolvéronse un total de 73 actividades, entre talleres, cursos, demostracións e degustacións.

 

Comparte...