Etiqueta Negra, feira para os gourmets galegos en novembro en Pontevedra

Etiqueta Negra, feira para os gourmets galegos en novembro en Pontevedra

A feira gastronómica ETIQUETA NEGRA. Gourmet galego e innovación inspiradora apura os seus últimos pasos de cara a celebración da súa primeira edición, do 12 ao 14 de novembro no Recinto Feiral de Pontevedra

Este novo evento en Pontevedra, que aspira a reunir a consumidores e produtores, ao tempo que salienta as posibilidades dos cociñeiros e produtos do país. Contará con máis de 4.00o metros cadrados de superficie expositiva.

O seu programa está aquelando as súas últimas incorporacións e será presentado en breve. De igual xeito, os interesados en expoñer na súa feira profesional e poder utilizar o seu Centro de Negocios aínda están a tempo.

Etiqueta Negra está organizado polo propio concello de Pontevedra.

Comparte...