Esta fin de semana, chega Etiqueta Negra Gourmet a Pontevedra

Esta fin de semana, chega Etiqueta Negra Gourmet a Pontevedra

Agárdase que un cento de produtores participen no Recinto Feiral de Pontevedra nesta feira profesional que se celebrará o sábado, domingo e luns

Etiqueta Negra Gourmet chega á súa terceira edición en Pontevedra, do sábado 10 ao domingo 12 de novembro, querendo ser un punto de encontro para o público gourmet e unha iniciativa divulgadora dos produtos galegos de calidade.

Apunta a organización que nos seus postos será posible atoparmos viños, licores, vermús, cervexas, refrescos naturais, cafés, infusións, marmelada, galletas, tortas, doces, xeados, produtos de quinta gama, aceites, queixos, patés, carnes, angulas, lamprea, congro seco, caracois, embutidos, xamóns, conservas, legumes, salsas e aderezos, pans ou empanadas.

Cociñeiros en Etiqueta Negra Gourmet

Na lista de relatores e cociñeiros están Pepe Solla (Casa Solla), Lucía Freitas (A Tafona), Iñaki Bretal (O Eirado da Leña), Héctor López (Restaurante España), o chef mexicano Rómulo Mendoza (Roldán 37), Diego López (La Molinera), Rubén González (El Cafetín de la Alameda), Ketty Fresneda, finalista de MasterChef 6, e Benigno Campos (Larpeiros).

Por vez primeira, en Etiqueta Negra Gourmet, haberá obradoiros para os visitantes, algúns deles de pago e con inscrición previa.

Tamén cómpre salientar o seu Punto de Encontro Profesional, no que celelebraranse reunións de traballo por parte dos expositores.

Toda a información, no seu portal web.

Comparte...