Todo listo para Etiqueta Negra Gourmet 2019, en Pontevedra

Todo listo para Etiqueta Negra Gourmet 2019, en Pontevedra

O evento gastronómico Etiqueta Negra Gourmet desenvolverase os días 9, 10 e 11 de novembro, no Recinto Feiral de Pontevedra

Pontevedra volverá converterse no cerne do sector do gourmet galego coa celebración da feira profesional Etiqueta Negra, que chega á cuarta edición.

Profesionais, produtores e consumidores daranse cita os días 9, 10 e 11 de novembro no Recinto Feiral da cidade do Lérez co obxectivo de coñecer as tendencias do sector, establecer novos contactos comerciais, difundir a excelencia dos nosos produtos e saborear Galicia.

O elenco de cociñeiros que cociñarán en directo conta con Pepe Solla (Casa Solla), Iñaki Bretal (Eirado da Leña), Moisés Rodríguez (Estache bo!); Rubén González (El Cafetín de la Alameda);  Yolanda León e Juanjo López (Cocinandos, León); Manu Sánchez (Arume); Julio Sotomayor e Daniel Guzmán (Nova); Miguel Mosteiro (Gastrolab Arousa) ou Iván Domínguez (Nado).

A feira gastronómica permanecerá aberta o sábado e o domingo de 11.00 a 21.00 horas e o luns, ata as 20.00 h. Para aquelas persoas que desexen pasar todo o día a descubrir sabores, haberá unha zona de comida e foodtrucks con interesantes propostas como unha seda.

A entrada custa 3 euros por día pero tamén se pode comprar un abono para os tres días ao prezo de 8 euros.

Produtos galegos de calidade, en Etiqueta Negra Gourmet

Nos distintos postos poderanse atopar, entre outros produtos: viños, licores, vermús, cervexas e outros bebidas aperitivos a base de hidromel, cafés, infusións, marmeladas, galletas, tortas, doces, xeados, castañas, produtos de quinta gama, aceites, queixos, patés, carnes, angulas, carafio, embutidos, xamóns, conservas, legumes, salsas e aderezos, pans ou empanadas.

Moitos destes produtos poderán degustarse tanto na Zona de Catas como na Vinoteca, espazos destacados que ofrecerán unha intensa programación continuada. Xunto coa Tetería da Deputación de Pontevedra, que volverá para dar a coñecer o té galego, feito con camelias da Estación Fitopatolóxica de Areeiro. A participación nestas actividades é de balde pero require inscrición previa en cada un dos espazos, xa que as prazas son limitadas.

Toda a información sobre horarios ou talleres xa está dispoñible no portal web de Etiqueta Negra Gourmet.

Comparte...