Etiqueta Negra mostrara produtos galegos de calidade diferenciada

Etiqueta Negra mostrara produtos galegos de calidade diferenciada

O Recinto Feiral de Pontevedra acollerá os días 12, 13 e 14 de novembro a Feira Etiqueta Negra unha nova cita profesional de produtos gourmet e delicatessen galegos

Baixo o lema “gourmet galego, inspiración innovadora”, esta feira “pretende mostrar tanto a ampla variedade de alimentos e bebidas de alta calidade que se están a facer en Galicia, como os procesos de innovación de produtos, sabores e envases reunindo nun mesmo espazo a profesionais do sector, produtores e consumidores”.

O obxectivo é coñecer as tendencias de mercado, identificar novas liñas de negocio nun sector en alza, cun público esixente, onde a comercialización especializada progresa cada día. Etiqueta Negra está aberta eses tres días de 11.00 a 20.00 horas e a entrada terá un prezo simbólico de dous euros.

Comparte...