Presentouse o programa de Etiqueta Negra Gourmet. Gallego e Innovación Inspiradora, en Pontevedra

Presentouse o programa de Etiqueta Negra Gourmet. Gallego e Innovación Inspiradora, en Pontevedra

A feira gastronómica Etiqueta Negra. Gourmet galego e inspiración innovadora celebrarase no Recinto Feiral de Pontevedra os días 12, 13 e 14 novembro

O programa de Etiqueta Negra. Gourmet galego e inspiración innovadora e as súas principais liñas amosáronse nunha presentación oficial. Na feira gastronómica, que se desenvolverá no Recinto Feiral de Pontevedra os días 12, 13 e 14 novembro, agárdanse máis de 50 empresas expositoras, escollidas, segundo apunta a organización, pola “singularidade, orixinalidade e calidade dos produtos”.

Os showcookings estarán a cargo de destacados cociñeiros galegos como Pepe Solla (Casa Solla), Iñaki Bretal (O Eirado da Leña), Rubén González (El Cafetín), Nacho Tierno (Creperie Cre-Cotteê) ou Guillermo Vidal (El viajero del Norte).

Cómpre salientar o papel que xogarán en Etiqueta Negra os centros de formación en hostalería. Cafés, gin-tonics, viños, zona de intercambios comerciais, mesas redondas con xente como Xosé Cannas… serán outros dos seus atractivos.

O horario da cita gastronómica será de 11:00 a 20:00 horas.

No seu portal web é posible acadar máis información de Etiqueta Negra. Gourmet galego e inspiración innovadora.

 Programa de Etiqueta Negra Gourmet

Comparte...