Etiqueta Negra Gourmet abre a inscrición para os seus talleres

Etiqueta Negra Gourmet abre a inscrición para os seus talleres

Pontevedra acollerá a terceira edición de Etiqueta Negra Gourmet do 10 ao 12 de novembro

Etiqueta Negra Gourmet  xa abriu na súa web a inscrición nas actividades de pago da súa nova edición. Para entrar nos talleres ou cursos deberá amosarse o billete, que será enviado por correo electrónico.

A entrada nos obradoiros non inclúe o prezo da entrada xeral ao recinto.

Pola súa banda, nas actividades gratuítas será posible inscribirse desde unha hora antes do comezo das mesmas. En todo caso, se se está na lista de reserva, achegándose uns minutos antes do inicio poderá comprobarse se quedan vacantes.

Do mesmo xeito, Etiqueta Negra Gourmet xa avanzou  algunhas das actividades das súas tres xornadas de programación.

Non han faltar Pepe Solla, Iñaki Bretal, Ketty Fresneda, Benigno Campos ou Héctor López.

Para asistires ás sesións “Té en parella”, cómpre inscribirse previamente na tetería Deputación de Pontevedra, instalada na propia feira.

Todo, no recinto feiral de Pontevedra.

Comparte...