Eva Pizarro, do Restaurante Acio, mellor sumiller na convocatoria de La Nariz de Oro para Galicia

Eva Pizarro, do Restaurante Acio, mellor sumiller na convocatoria de La Nariz de Oro para Galicia

Eva Pizarro, do Restaurante Acio de Santiago, foi a mellor sumiller na semifinal que La Nariz de Oro organizou no Hostal dos Reis Católicos.

A convocatoria de La Nariz de Oro deu acceso a 11 sumilleres á final da XXII edición do concurso ao que dá nome dun total de 23 participantes, chegados de Galicia e do resto de noroeste peninsular.

Na proba decisiva tiveron que descifrar, polo seu olfacto, que viño agochaba a copa negra. Tratábase dun Tempranillo 2011, con 8 meses de barrica en carballo americano das viñas de Azpilicueta en Mendavia (DO Rioja).

Xunto a Eva Pizarro tamén se clasificaron:

  • Olga Rodríguez de Despensa do Ribeira (Cambados).
  • José Luis Aragunde de Vinoteca Ribeira de Fefiñáns (Cambados).
  • Bruno Lovelle de Jema (Chantada).
  • Juan Ignacio Ayerbe de Juan Ayerbe El Sumiller (A Coruña).
  • Ricardo García de Don Quijote (Santiago de Compostela).
  • Carlos Jorge de O Ferro (Santiago de Compostela).
  • José Antonio Santamaría de In Vino Veritas (Burgos).
  • Eduardo Camiña do Abastos 2.0 (Santiago de Compostela).
  • Alfredo Herrero de La Cueva de Fabia (Valladolid).
  • Eva Díez de In Vino Veritas (Burgos).

Os sumilleres foron tamén xurado para o concurso Los mejores vinos de España, a través dunha cata cega. Na cita de Santiago catáronse uns 40 viños e os seleccionados foron:

 Espumosos:

Roger Goulart Reserva Brut Nature 22008. Roger Goulart. Cava

En la categoría de Blancos:

Gramona Sauvignon Blanc 2012. Gramona. Penedès

Leive Paradigma 2012. Aurea Lux. Ribeiro

Valmiñor 2011.Valmiñor. Rías Baixas

Rosados:

Señorío de Sarría Viñedo nº 5 Viñas Viejas Garnacha 2012. Señorío de Sarría. Navarra

Urbezo Merlot 2012. Solar de Urbezo. Cariñena

Pardevalles Prieto Picudo 2012. Viñedos y Bodega Pardevalles. Tierra de León

Tintos con menos de 9 meses de crianza:

Pradorey Roble 2011. Pradorey. Ribera del Duero

La Meseta 2010. Ercavio. VT Castilla

Tintos con máis de 9 meses de crianza:

Santo Syrah 2011. Heredad de Ureña. VT Castilla y León

Altos de la Finca Constancia 2011. González Byass. VT Castilla

Salmos 2010. Torres. Priorat

Arnegui Crianza 2010. Pagos del Rey (Félix Solís). Rioja

Moisés 2009. Heredad de Ureña. Toro

Doncel de Mataperras 2009. Marqués de Velilla. Ribera del Duero

Cruz de Alba 2009. Cruz de Alba (Ramón Bilbao). Ribera del Duero

Quercus 2008. Fontana. VT Castilla

Finca Romaila 2008. Finca Romaila. VT Castilla

Antaño Graciano 2008. García Carrión. Rioja

Campo Viejo Gran Reserva 2005. Campo Viejo (Domecq). Rioja

Doces:

Alma de Luna 2011. Luna Beberide. VT Castilla y león

Sinols Moscatel 2011.Sinols. Empordá

Non só houbo actividades para os sumilleres profesionais. No obradoiro “A importancia dunha boa copa”, os asistentes puideron ampliar os seus coñecementos na materia da man de Elena Adell, de Bodegas Azpilicueta.

Ademais, distintas adegas como Carabal, Dinastia Vivanco, Más que Vinos-Ercabio, La Donaira ou Carballal mostraron os seus viños ao público que se achegou ao histórico edificio.

Comparte...