Reflexión sobre a evolución da gastronomía no Festival PortAmérica

Reflexión sobre a evolución da gastronomía no Festival PortAmérica

A 6ª edición do Festival PortAmérica estrea unha nova actividade vinculada á cociña: unhas xornadas de reflexión sobre a evolución da gastronomía. Esta é, sen dúbida, unha profesión que se transformou en moi pouco tempo. Nestas sesións intentarase dilucidar sobre o seu futuro.
O formato basearase en mesas de opinión e debates que correrán a cargo de grandes nomes da cociña e de cada un dos roles da cadea alimentaria e outras actividades. Todos eles aportarán a súa visión sobre unha temática tan relevante para o noso territorio.
Ao concluír cada unha das xornadas, proxectarase “Cociñando na fin do mundo“, primeira longametraxe documental de EsmerArte Industrias Creativas: un retrato realista de Galicia que intenta desentrañar o fráxil equilibrio entre tradición e modernidade nun territorio cheo de contrastes, descubrindo as súas múltiples facetas a través dun dos seus indicadores culturais máis significativos: a gastronomía. O filme foi galardonado co Premio Álvaro Cunqueiro de xornalismo gastronómico tras o seu exitoso paso polos Festivais de San Sebastián e Málaga.

A continuación deixamos o programa:

11 de xullo:

19.30 Estado actual da gastronomía galega

Ponentes:
– Javier Olleros. Cocñeiro, Culler de Pau
– Bernardo Estévez. Viticultor, Issue
– Manolo Gago. Divulgador
– Marta Fernández. Directora Centro Superior Hostelería de Galicia

Modera: Carlos Crespo

21.00 Proxección documental “Cociñando na fin del mundo”

12 de xullo

19.30 A cociña galega como elemento dinamizador

Ponentes:
– Pepe Solla.
Cociñeiro. Casa Solla
Inés Rodríguez. Artesá Téxtil. Rir&Co
Pablo Barreiro. Artesán ceramista. COPIA_cerámica
Javier Corrochano. Socio director, IUNI consulting, Incitus

Modera: Carlos Crespo

21.00 Proxección documental “Cociñando na fin del mundo”

Comparte...