Califican de “Excelente” a anada 2016 da DO Rías Baixas

Califican de “Excelente” a anada 2016 da DO Rías Baixas

O presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, Juan Gil de Araújo, anunciou que a Anada 2016 foi calificada polo Pleno como “Excelente”, a máis alta calificación que se pode conceder. Unha decisión tomada en base a un informe técnico desenvolvido polo Órgano de Certificación e Control e ás conclusións ás que chegou na sesión celebrada o pasado día 9 de xuño.

Gil de Araújo asegurou que “estes viños da Anada 2016 posúen unha boa intensidade aromática, destacando as froitas maduras, cítricos elegantes e flor branca. En boca é unha anada madura, que mantén a súa frescura grazas ao seu bo nivel de ácido tartárico e unha boa graduación alcohólica”.

2016 caracterizouse, desde o punto de vista meteorolóxico, por ser un ano atípico. Choveu moito durante o inverno e principio da primavera, con temperaturas máis baixas do normal. O verán foi, en cambio, moi seco e caluroso, o que alonxou calquera atisbo de enfermidades criptogámicas. Logo, as lixeiras choivas de mediados de setembro permitiron que a viña se hidratase, co cal a maduración foi moi boa e o volumen da colleita moi satisfactorio.

Desde o 2007 non se volvera calificar unha anada da Denominación de Orixe Rías Baixas como “Excelente”.

Comparte...