Éxito de Galicia Calidade en ruta

Éxito de Galicia Calidade en ruta

Galicia Calidade en ruta, que percorreu as sete cidades galegas, arrancando o pasado 28 de novembro, achegou a preto de 3.000 persoas a excelencia dos produtos gastronómicos galegos amparados por este selo de garantía. Máis de 800 persoas participaron nos talleres e showcookings realizados no camión adaptado no que se desenvolveu a iniciativa. A campaña tivo tamén unha ampla repercusión nas redes sociais, onde alcanzou unha audiencia de máis de 500.000 usuarios únicos en Facebook.

Nas 20 sesións desenvolvidas nas cidades galegas, chefs como Marian Rodríguez ou Iván Méndez realizaron diversos showcookings nos que demostraron versatilidade e excelencia dos produtos. O “RoadShow” tamén contou con sete catas de viños, nas que sumilleres da talla de Xoan Cannas, director do Instituto Galego do Viño, e Luis Paadín, autor da Guía de Viños, Destilados e Adegas de Galicia, xunto coa enóloga Cristina Murga, exaltaron as excelencias dos caldos das bodegas certificadas por Galicia Calidade. Tamén se desenvolveron tres talleres sobre a elaboración do café e almorzo con produtos con este selo, da man de baristas do prestixio de Oscar de Toro e Augusto Morales.

Segundo o xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, a campaña é unha “experiencia moi positiva” xa que permitiu “poñer en valor a excelencia dos produtos certificados” entre consumidores especializados. Segundo explicou, é necesario que os galegos “coñezan ben os seus produtos para despois competir nos mercados máis esixentes”.

Sorteo BenBo

sorteo BenBoAo comezo da campaña BenBo regalou invitacións para participar nas actividades de Galicia Calidade e puxo en marcha un sorteo para unha fin de semana nun establecemento da rede de Galicia Calidade. Finalizada a campaña, procedimos ao sorteo do premio a través da web www.sortea2.com. A gañadora é Clara. ¡Parabéns!

Comparte...