Éxito da xornada sobre os viños escumosos galegos, en Arbo

Éxito da xornada sobre os viños escumosos galegos, en Arbo

O Concello de Arbo e Evega (Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia) organizaron as Xornadas Técnicas que tiveron lugar no Auditorio do centro multiusos de Arbo o 15 de maio de 2017 co título “Os escumosos galegos. Tendencias e innovacións”. A organización do evento destaca que foi un éxito e que os asistentes agradeceron toda a información facilitada.
Á actividade asistiron profesionais do sector vitivinícola, así como xerentes, propietarios e traballadores de Adegas de Arbo e de diversas zonas da xeografía galega.

Entre os temas a tratar, os asistentes puideron escoitar charlas sobre ‘O mercado dos escumosos galegos. Situación actual e perspectivas; o potencial dos escumosos do Ribeiro; características das principais castes galegas para a elaboración de escumosos, solucións técnicas na adega para a elaboración de escumosos, e proxectos de I+D+i. Tamén se falou sobre a “Mellora tecnolóxica da crianza de viños escumosos: Experiencias no Verdejo”. Ao final, celebrouse unha mesa redonda para tratar do presente e futuro dos escumosos.

Entre os relatores destacaron: Jorge Mazaira Pérez, director técnico do CRDO Valdeorras; José Simón Ferro, Xerente da adega As Laxas; Nuria Álvarez, directora técnica do CRDO Ribeiro; Jorge Hervella, enólogo; Dario Jordal, da empresa Laffort; e Josefina Vila Crespo, directora da Escola Técnica Superior de Enxeñería Agraria da Universidade de Valladolid. O moderador da xornada foi Alfonso Losada Quiroga. Á inauguración desta xornada asistiu o xefe Territorial de Medio Rural, Antonio Crespo.

Comparte...