Éxito da primeira ‘Ruta de Estrelas’ da Ruta do Viño Rías Baixas

Éxito da primeira ‘Ruta de Estrelas’ da Ruta do Viño Rías Baixas

Unhas trinta persoas gozaron da actividade Ruta de Estrelas organizada pola Ruta do Viño Rías Baixas, incluída dentro do Club de Produto das Rutas do Viño de España. A cita desenvolveuse nas instalacións da adega asociada Mar de Frades, situada na subzona de Val do Salnés da DO Rías Baixas, e rexistrou todo un éxito de convocatoria. As prazas dispoñibles agotáron a dez días da celebración do evento.

En primeiro lugar, ofreceuse unha breve visita guiada ás instalacións desta adega, onde os asistentes puidieron coñecer de primeira man o proceso de elaboración dos seus viños. O percorrido incluíu unha cata comentada dun viño escumoso Rías Baixas elaborado pola adega. A continuación, e aproveitando a mínima contaminación lumínica nos arredores da adega, o grupo desprazouse á terraza. Alí esperábannos os membros da Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra, que se encargaron de explicar detalles sobre as constelacións en xeral e, máis concretamente, sobre as que puideron observar a través do telescopio. Ademais, tiveron ocasión de ver pasar a Estación Espacial Internacional.

Os participantes nesta actividade, unha das novidades da programación anual da Ruta do Viño Rías Baixas, mostráronse moi satisfeitos coa iniciativa. Desde a asociación sen ánimo de lucro, a súa xerente, Lorena Varela, indicou que “dado o éxito que tivemos con esta proposta, a idea é darlle continuidade nos próximos anos”.

Sobre o Club de Produto Rutas do Viño de España

Asociación Española de Cidades do Viño (ACEVIN) coordina e desenvolve o proxeto e a marca Rutas do Viño de España desde o ano 2001, un club de produto de turismo enolóxico respaldado polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, a Secretaría de Estado de Turismo e o Instituto de Turismo TURESPAÑA que se converteu nun referente a nivel nacional e internacional. O club está formado actualmente por 27 destinos enoturísticos localizados por toda a xeografía nacional potenciando os viños e a gastronomía de cada territorio, o traballo en rede, o turismo sostible e a colaboración público privada. Actualmente, agrupa a máis de 550 municipios e máis de 2.000 empresas (600 das cales son adegas) e recibe máis de 2,2 millóns de visitantes anuais nacionais e internacionais, experimentándose un crecemento á alza nos últimos anos.

Actualmente son Rutas do Viño de España: Alicante, Arlanza, Bullas, Calatayud, Campo de Cariñena, Cigales, El Bierzo Enoturismo, Empordà, Jumilla, Marco de Jerez, Garnacha-Campo de Borja, Lleida-Costers del Segre, Montilla-Moriles, Navarra, Enoturisme Penedès, Rías Baixas, Ribera de Duero, Ribera del Guadiana, Rioja Alavesa, Rioja Alta, Rueda, Serranía de Ronda, Sierra de Francia, Somontano, Txakoli, Utiel-Requena e Yecla.

Comparte...