Expoconvento, a feira de doces dos conventos, volve a Santiago

Expoconvento, a feira de doces dos conventos, volve a Santiago

Expoconvento, a feira do doce do convento, é unha oportunidade para probarmos e adquirir produtos gastronómicos e sobremesas elaboradas en distintos conventos e mosteiros, e regresa a Santiago de Compostela do 8 ao 12 de maio.

A cita será na Hospedaxe do Seminario Maior San Martiño Pinario, de 10 a 20 horas.

Nesta ocasión haberá elaboracións chegadas de máis de 30 mosteiros e conventos de toda España. E entre elas: mazapáns, madalenas, xemas de San Leandro, varas de San José, tellas do mosteiro, dulzuras clementinas, corazón de Obispo, trufas, bágoas de Belén, pestiños, xemas de San Pablo, biscoitos marroquís,hugolinas, tortas de Asís, Monte Alverna, sultanas, crucetas, soplillos, suspiros de monxa, estrelas de canela, coroas de Santo Antonio, bágoas do desterro, baviecas, cortadillos de augardente, rosquillas de Santa Rosa, belvises, Avemarías, tortas de folla, amarguillos, pececiños…

Os mosteiros galegos con representación serán: Santa Bárbara da Coruña; Santa María de la Concepción de Tui; Santa María de Valdeflores de Viveiro; San Paio de Antealtares e Santa María de Belvís, de Santiago; e máis San Bieito de Cuntis.

Dende a organización apúntase que os prezos dos produtos son os mesmos que se encontran nos propios centros relixiosos e que con esta cita axúdaselles economicamente.

Expoconvento

Comparte...