Expoconvento, Feira do Doce do Convento, adoza Santiago

Expoconvento, Feira do Doce do Convento, adoza Santiago

A Hospedaxe de San Martiño Pinario (Seminario Maior compostelán) acollerá, do 1 ao 3 de febreiro, Expoconvento, Feria de Dulce del Convento. A inauguración realizarase o día 31 de xaneiro ás 19:30 horas e o horario de apertura, a partires do día 1, será de 10 a 20 horas.

Trátase de amosar a enorme e exquisita variedade de produtos de repostaría que se fabrican en cincuenta conventos e mosteiros de toda España. Os visitantes poderán encontrar máis de 250 variedades de doces.

A Coruña xa acolleu dúas edicións desta cita que vai agora a Santiago.

Dende a organización sublíñase que Expoconvento non é soamente unha ocasión para levarmos á casa produtos artesanais da mellor calidade e difíciles de atopar, senón que supón tamén un bo xeito de axudar economicamente aos conventos e mosteiros que envían os seus produtos. Como dato informativo comunícase que esta feira se organiza sen interese lucrativo, posto que os prezos dos produtos serán os mesmos que se se adquirisen nos tornos dos conventos de orixe.

Entre os produtos a disposición do visitante pódense adquirir xoias como delicias xema, bocaditos árabes, perlitas de licor, dátiles recheos, bágoas do desterro ou múltiples variedades de turróns e mazapáns.

Comparte...