Novo aumento en volume de viños cualificados e exportacións da D.O. Rías Baixas

Novo aumento en volume de viños cualificados e exportacións da D.O. Rías Baixas

Rías Baixas é a denominación de origen galega que etiqueta e exporta máis botellas de vino

A Denominación de Orixe Rías Baixas fixo públicos os seus datos do curso 2014, no que cualificou un total de 19.390.727 litros, un 12% máis que no 2013. Unha cifra que se traduciu nun total de 25.854.302 contraetiquetas/botellas.

A vocación exportadora promovida polo Consello Regulador galego logrou alcanzar un 28% das vendas no estranxeiro, con 5.387.284 litros (7.183.045 botellas), que en valor económico alcanzaron 28.340.946 euros. Nesta ocasión destaca o aumento das vendas a Alemaña (un 14,67% máis), Holanda (78,68%); Xapón (un 23,35% máis, con 94.642 litros); e Australia (un 65% máis, con 94.238 litros).

O secretario xeral da denominación, Ramón Huidobro, apunta que se detectou “unha basculación das exportacións cara ao mercado europeo, onde as vendas crecen nos principais destinos e onde tamén hai un maior número de países que se interesaron” “polos nosos viños”.

Exportacións por países

País Volumen 2014 Valor 2014
1 EEUU 2.189.258 litros 11.444.713,33 €
2 Reino Unido 735.679 litros 3.652.460,62 €
3 Alemaña 521.253 litros 2.370.908,31 €
4 Holanda 276.534 litros      1.223.950,02 €
5 Porto Rico 217.114 litros      1.284.557,60 €
6 México 212.071 litros 1.191.028,62 €
7 Irlanda 121.191 litros 618.193,54 €
8 Suíza 115.425 litros 640.197,14 €
9 Noruega 106.502 litros 624.486,23 €
10 Suecia 97.289 litros 520.098,48 €
Comparte...