Expourense e INADEH de Panamá firman un convenio de colaboración

Expourense e INADEH de Panamá firman un convenio de colaboración

Expourense e o Instituto Nacional de Formación Profesional y Desarrollo Humano de Panamá (INADEH) firmaron un convenio de colaboración que lle permitirá á primera prestar asesoramento á entidade panameña en temas relacionados coa enogastronomía.

Xantar é o proxecto de gastronomía con recoñecemento de “Feria Comercial Internacional” polo Goberno de España que organiza Expourense, ao que lle hai que sumar Vinis Terrae, Salón del Vino e Licores de Calidad de Galicia, e Termatalia, relacionado co turismo de benestar.

A relación entre Expourense e o INADEH naceu a raíz da participación de varios dos seus instructores e alumnos na última edición de Xantar na que Panamá participou como país convidado.

Dentro deste marco de colaboración tamén se inclúen o asesoramento académico de alta calidade que poderán aportar outras entidades galegas ou internacionais, especializadas nos temas nos que a entidade panameña quere ampliar os seus coñecementos.

Comparte...