Falso huevo de mirabel y aceite Oliveiras Galegas, de aceites Abril

“Falso ovo de mirabel e aceite”, a proposta de Abril en Xantar

Un falso ovo de mirabel con queixo do país e aceite Oliveiras Galegas foi a receita que se mostrou no showcooking que Aceites Abril desenvolveu na súa caseta na Feira Xantar 2015, que se desenvolve no recinto feiral de Expourense. O chef Luís Vidal de SG Tino Igrexas foi o encargado de dirixir esta actividade.

No taller denominado Aceites Abril Oliveiras Galegas. Cata e degustación, o chef realizou unha presentación e unha cata do novo produto 100% galego que, por agora só se pode adquirir a través da tenda en liña da empresa ourensá. Unha das principais características deste produto, ademais da súa propia orixe, é a intensidade no sabor e as reminiscencias froiteiras, que lembran especialmente á mazá.

Stand de Aceites Abril en Xantar 2015

Stand de Aceites Abril en Xantar 2015

Comparte...