A Feira do Viño do Ribeiro 2017 xa ten cartel anunciador

A Feira do Viño do Ribeiro 2017 xa ten cartel anunciador

O xurado do Concurso de Carteis da 54ª Feira do Viño do Ribeiro reuniuse na sede do Consello Regulador do Ribeiro, en Ribadavia, para elixir o cartel que representará a Feira do Viño do Ribeiro 2017, que terá lugar na vila ribadaviense do 29 de abril ao 1 de maio.

O cartel gañador está deseñado pola profesional Agustina Jouandon, orixinaria de Arxentina e actualmente afincada en Santiago de Compostela, e foi elixido entre 188 propostas presentadas nesta edición do concurso.  É deseñadora gráfica e ilustradora con máis de 7 anos de experiencia.

Para a elección do seu cartel anunciador, o Concurso de Carteis da 54ª Feira do Viño do Ribeiro contou cun xurado multidisciplinar integrado por profesionais no ámbito das artes, comunicación e deseño gráfico. Ao longo da xornada de deliberación das preto de 200 obras participantes foron sometidas ao xuízo destes profesionais, resultando a obra gañadora premiada con 1.500€.

Comparte...