A Feira do Viño de Valdeorras contará coa participación de 17 bodegas

A Feira do Viño de Valdeorras contará coa participación de 17 bodegas

A Feira do Viño da Denominación de Orixe Valdeorras, que se celebrará na praza barquense de Viloira os próximos 16 e 17 de xullo, contará coa participación de 17 das adegas da D.O, unha máis que en 2015

Este foro vinícola, que alcanza o seu décimonovena edición, inaugurarase ás 12.30 horas da mañá do sábado, 16 de xullo, nun acto no que intervirá a conselleira de Medio Rural da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez. Despois da inauguración, tras o pregón e o percorrido das autoridades polas casetas participantes, actuará a charanga Fanfarria Taquicardia. O horario de apertura do recinto feiral, nas dúas xornadas, vai ser de 12.30 a 14.30 e de 19.00 a 23.00 horas.

No marco das actividades paralelas que se van desenvolver ao amparo deste foro, destaca a celebración dunha cata profesional, que se poñerá en marcha nas instalacións do Consello Regulador na tarde do venres 15. Por vez primeira estará aberta a todas as adegas da zona e non só ás participantes na Feira. Xunto a isto, haberá unha cata con xurado popular na tarde do sábado (entre as 18.30 e as 20.30 horas). Ao día seguinte, o domingo pola tarde entregaranse os premios aos viños gañadores de ambas as catas.

Comparte...