A Feira do Viño do Ribeiro xa ten cartel para o seu 50 aniversario

A Feira do Viño do Ribeiro xa ten cartel para o seu 50 aniversario

A Feira do Viño do Ribeiro cumpre este ano 50 anos e xa coñece que cartel anunciará a cita, escollido dentro dun certame organizado polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro e máis o Concello de Ribadavia.

Un total de 213 obras presentáronse ao concurso no que Rafael Sierra López obtivo o primeiro premio, dotado con 1.500 euros. Tamén recibiron mencións a obra de Ainhoa Viñuela Don e Branca Selas Chao, e a proposta de Anxo Pérez Rodríguez.

Para o gañador Rafael Sierra, o seu cartel “pretende imprimir unha visión conceptual que traslade os principais valores da cultura do viño. Por elo seleccionei un colorido acorde á propia naturaleza do viño, das uvas, do viñedo… Un cartel motivado pola sinxeleza pero que aspira a trasladar o máximo, en un xogo de siluetas: a botella e a copa, reforzado polas cores propias do viño”.

A edición número 50 desta Feira do Viño do Ribeiro chegará do 3 ao 5 de maio.

Comparte...