Viña Abad e Alán de Val, gañadores da cata da Feira do Viño de Valdeorras

Viña Abad e Alán de Val, gañadores da cata da Feira do Viño de Valdeorras

O pasado fin de semana outorgáronse os premios aos mellores viños da cata profesional e da cata con xurado popular no marco da XIX Feira do Viño de Valdeorras

Os premios da XVII Cata Oficial de Valdeorras, que se abriu por primeira vez a todas as adegas, foron os seguintes:

Brancos

Primeiro Premio: Viña Abad, de Adega Cooperativa Jesús Nazareno

Segundo Premio: D’Berna, de Guitián e Blanco S.C.

Terceiro Premio: Viñaredo, de Adega Santa Marta S.A.T.

Tintos

Primeiro Premio: Alán de Val, de Adega Alán S.A.T.

Segundo Premio: Sampayolo Garnacha Vella da Chaira do Ramiriño, de Adega Sampayolo S.L.

Terceiro Premio: Quinta da Peza, de Adega Quinta da Peza S.L.

A mención especial “Viños doutras anadas” foi para Viñaredo Barrica 2012, de Adegas Santa Marta.

Premios da cata con xurado popular

Por outra banda, os premios da cata con xurado popular, iniciativa que se desenvolveu por vez primeira no marco da Feira do Viño e na que participaron máis dunha decena de persoas, foron para as adegas Guitián e Blanco S.C. (con D’Berna), que obtivo o primeiro posto; Adega Cooperativa Jesús Nazareno (coa marca Viña Abad), segunda clasificada, e Adega Manuel Corzo Rodríguez (con Viña Corzo), que obtivo o terceiro posto. Todas elas na categoría de brancos.

Xunto a isto, en tintos, as adegas premiadas foron, en primeiro lugar, Roandi S.L (Bancales Barrica 2013); en segundo lugar, Guitián e Blanco S.C (D’Berna-Mencía) e o terceiro posto foi para Adega Cooperativa Jesús Nazareno (Menciño).

Comparte...