Abondosa presenza galega na feira gastronómica de Alimentaria Barcelona

Abondosa presenza galega na feira gastronómica de Alimentaria Barcelona

Unha edición máis, a gastronomía e os viños galegos termaron por facerse un sitio no escaparate da Feira gastronómica Alimentaria de Barcelona.

A Asociación de Queixeiros de San Simón da Costa, nunhas datas moi sinaladas para os elaboradores deste queixo, presentaron as aplicacións en gastronomía do queixo DOP San Simón da Costa da man de Bea Sotelo (A Estación de Cambre) e os “Master Chef” Maribel Gil, Fabián León, Eva Millán e Paloma Ayensa.

O posto de Estrella Galicia estivo animado polas visitas de distintos pilotos de motociclismo do seu equipo, como Alex Rins e Alex Márquez, Desde Hijos de Rivera destacan o fluxo continuo de visitantes, tanto público final como profesional, que se achegou a coñecer as cervexas Estrella Galicia ou 1906, as sidras Maeloc, os viños Ponte da Boga ou a nova imaxe nas botellas de augas Cabreiroá. Dende a empresa coruñesa organizáronse catas, degustacións, maridaxes e charlas.

O Consello Regulador da D.O. Rías Baixas contou, por quinto ano, cun destacado posto propio no pavillón de Intervín, no que mostraron os seus produtos 9 adegas. En total, en Alimentaria houbo máis de 25 adegas da D.O. Rías Baixas e unhas 80 marcas. Os asistentes tamén puideron gozar con viños da D.O Ribeiro.

Esta foi a primeira edición na que a Denominación de Orixe Valdeorras presentou os seus viños cun posto propio, dentro da súa estratexia para aumentar a súa comercialización noutros puntos de España. Ao consello regulador acompañárono as adegas Abeledos, Boo Rivero, Crego e Monaguillo e Gargalo.

Dende a denominación de viños tamén anuncian un crecemento dun 25% no número de contraetiquetas emitidas no primeiro cuadrimestre do ano, con 539.898 botellas comercializadas.

As conservas galegas de Pescamar e Conservas de Cambados, as creacións con café de Óscar de Toro os viños de Marqués de Vizhoja, os produtos de Benboa… tampouco faltaron a esta cita en Alimentaria Barcelona.

Comparte...