A Feira ProWein recibe os viños galegos do Ribeiro e Rías Baixas

A Feira ProWein recibe os viños galegos do Ribeiro e Rías Baixas

A cidade alemá de Dusseldorf acolle do 24 ao 26 de marzo a Feira ProWein e as denominacións de orixe galegas Ribeiro e Rías Baixas están presentes no certame. En ProWein danse cita detallistas e almacenistas do sector, representantes da industria hoteleira e de catering, e os principais importadores europeos.

Ribeiro

Ribeiro acode como coexpositor de Viños de España, no espazo coordinado polo ICEX, co que ademais celebrará unha actividade dirixida ao sector profesional. No posto do C.R.D.O. Ribeiro están representadas 5 adegas: Casal de Armán, a Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro (Viña Costeira), María Álvarez Serrano (Coto de Gomariz), Pazo Tizón e Pazo de Vieite. Todas elas participarán na cata que ICEX dedica á D.O. Ribeiro, impartida polo experto alemán David Scharzwaelder.

Rías Baixas

Pola súa banda, dentro do posto da D.O. Rías Baixas danse cita 31 adegas con 59 marcas. Ademais, os viños de Rías Baixas contan cunha presentación-cata en ProWein, organizada coa colaboración do ICEX na que participan 50 prescriptores profesionais deCentroeuropa que catarán 10 marcas de Rías Baixas, impartida pola sumiller alemá e especialista en viños españois Ivonne Heistermann

Alemaña é o terceiro mercado exterior en importancia para as empresas adscritas a Rías Baixas, con 316.504 litros no exercicio 2012 e as adegas do Ribeiro tamén aspiran a incrementar a súa cota no país.

Comparte...