A Feira do Viño de Ribeiro escolle o seu novo cartel entre 190 propostas

A Feira do Viño de Ribeiro escolle o seu novo cartel entre 190 propostas

O xurado do Concurso de Carteis da Feira do Viño do Ribeiro celebra unha nova edición para 2018, no que se escollerá a pancarta representante para a 55ª edición dos festexos. O xurado, entre os que se encontra o membro do equipo Benbo Luis Cividanes, reunirase mañá na sede do Consello Regulador do Ribeiro (Ribadavia) para elixir o cartel gañador da edición e que servirá para promocionar a feira do Ribeiro,  que ten lugar do 28 de abril ao 1 de maio. O deseño escollido será premiado cunha asignación de 1.000€.

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro e o Concello de Ribadavia, coorganizadores da feira, repiten a fórmula do concurso para a elección do cartel anunciador da 55ª Feira do Viño. Nesta edición participan artistas de renome, axencias, deseñadores gráficos así como afeccionados que a través deste concurso poderían atopar unha ferramenta para a difusión da súa obra. O concurso gozou dunha moi boa acollida, xa que nesta convocatoria rexistráronse preto de 190 carteis procedentes do territorio nacional e tamén se contou coa participación dalgúns deseños internacionais.

Participan como membros do xurado Juan Manuel Casares, presidente do C.R.D.O. Ribeiro; María Touza, concelleira de Cultura do Concello de Ribadavia; Alberto Traversa, de La Alacena Roja; José Ramón Domínguez, de Cepas y Vinos; María Campos, de Hostelería Galega e TurismoLuis Cividanes, de BenboCristina Álvarez, secretaria de AGAFE; Jaime Diez, de Incubarte y Luis Estévez, de Oeste Marketing.

Tras someterse a un proceso de votación individual de cada membro do xurado, o equipo deberá chegar ao consenso colectivo, para así proclamar a obra gañadora desta edición. A decisión do xurado será feita pública o mesmo día ás 14.00 horas e posteriormente se presentará a Feira do Viño do Ribeiro da man dos coorganizadores en diferentes cidades de Galicia.

Comparte...