Ferro (Santiago) e Central Park e Culuca (A Coruña) gañadores do Destapa Galicia

Ferro (Santiago) e Central Park e Culuca (A Coruña) gañadores do Destapa Galicia

“Xarda, pan de millo e coca cola” do restaurante O Ferro (Santiago de Compostela) foi a tapa gañadora do concurso Destapa Galicia na categoría de tapas con Coca Cola.  Unha xarda confitada en soia, con pan de millo e perlas de Coca Cola.

Na categoría de tapa creativa o premio foi para “Kraken” de Cenral Park (A Coruña). Sobre unha cama de puré de pataca con aroma de trufa e tinguido coa tinta da luriña preséntase un ovo poché e os tentáculos da lura.

Finalmente, como “tapa de aquí” foi distinguido o “Ravioli de cocido” do Culuca (A Coruña). Un ravioli recheo das carnes do cocido e acompañado dun puré de grelos.

No concurso, que se celebrou nas sete grandes cidades galegas, participaron un total de 167 establecementos galegos, que venderon máis de 13.000 tapas.

Comparte...