A  Festa  do  Melindre achega os seus doces a Santiago de Compostela a través do Corte Inglés

A Festa do Melindre achega os seus doces a Santiago de Compostela a través do Corte Inglés

El Corte Inglés de Santiago de Compostela acolleu este mediodía unha degustación dos doces propios da Festa do Melindre. Este achegamento simboliza a apertura de fronteiras do Concello de Melide á capital compostelá e a todo visitante ou peregrino.

Presentada por Alberto Fernández, Presidente da Asociación de Repostería Tradicional Melide Terra, Dalia García Couso, Aldaldesa de Melide, e por Pati Blanco, Director de Comunicacións e Relacións Institucionais de Galicia en El Corte Inglés, explicaron todas as bondades destas sobremesas.

Aínda que sexan os melindres os que dan o nome a esta festa de interese turístico galego, non hai que esquecerse tampouco dos seus dous compañeiros: os ricos e amendoados. Estes últimos proveñen de antigas tradicións medievais e adoitábanse facer nas casas, en ocasións moi especiais, como exquisiteces para os invitados.

Segundo os promotores, poderíase afirmar que a Festa do Melindre trátase dunha homenaxe ao pasado, pero sempre coa mirada cara ao futuro.

Comparte...