A  Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional terá aos Irmáns Torres como pregoeiros.

A Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional terá aos Irmáns Torres como pregoeiros.

 

Os Hermanos Torres serán os pregoeiros da  XXVII Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide que se celebrará os próximos días 12 e 13 de maio. Os televisivos xemelgos son a aposta para o pregón da  Festa do Melindre para a súa edición deste 2018.
Ademais de dar o pregón do evento,  Sergio e Javier Torres ofrecerán un showcooking ás 19.30  h do sábado 12, aberto a todos aqueles que se queiran achegar a coñecer o saber facer culinario dos protagonistas do programa Torres en la cocina, de TVE. Os Hermanos Torres son todo un referente no mundo da gastronomía, e aínda que iniciaron as súas carreiras por separado decidiron unir a súa paixón no ano 2002 e compartir profesión.

A día de hoxe están á fronte dos establecementos Dos Cielos de Barcelona, que conta con 2 Estrellas Michelín e de Madrid.
Ademais, como vén sendo tradicional no evento, a Festa do Melindre conta tamén con embaixadores de diferentes sectores como o gastronómico, o institucional ou os influencers de redes sociais.

Na vixésimo sétima edición da  Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional, a festa volverá virar ao redor dos ricos, os  amendoados e os melindres, que elaboran seis casas artesanais desde fai máis dun século. O programa da Festa do Melindre complétano actuacións musicais, unha feira de produtos artesanais, animación de rúa e actividades para os máis pequenos.

Comparte...