Festival de petiscos en PortAmérica

Festival de petiscos en PortAmérica

32 bandas, 2 escenarios, 25 chefs entre os que se contan 8 Estrelas Michelín e a conta atrás para a nova edición de PortAmerica que arrinca o xoves 16 de xullo en Nigrán. Durante tres xornadas sucederase a música, os showcookings e a acampada nun ambiente onde a gastronomía especialmente a galega, terá unha gran representación.

A cociña atlántica de Iván Domínguez, responsable do Alborada, e a de fusión de Estanis Carenzo (Sudestada, Chifa y Picsa) serán os encargados de abrir as dúas primeiras xornadas, o xoves e venres respectivamente. Ambos cociñarán en directo as súas propostas máis street food. Estanis Carenzo, trae a esencia da súa cociña americana fusionada coa asiática a través das súas dúas propostas: Empanadilla chifa de porco e cuitlacoche e Bocadillo de lingua de vaca en escabeche galego. A cociña atlántica chegará da man do chef galego Iván Domínguez co seu Agridoce de aguacate e Galo Celta e o seu Bocadillo de costela de vaca vella.

Coordinados por Pepe Solla, os asistentes poderán gozar dos petiscos que se elaborarán durante o festival, a un prezo único de 3 euros. Na primeira xornada os petiscos estarán a cargo de Alberto González, do Silabario, que elaborará Mexillóns en escabeche de encurtidos, wakame e arroz frito e Bocadillo de bonito en pan sardo; Javier Olleros, de Culler de Pau, que elaborará Crema de herbas afumada e xema de ovo e Xurelo de sopa cítrica e perexil. Yolanda León, de Cocinandos, ofrecerá Arroz con botelo do bierzo, mazá reineta e repolo e Pizza de sardiñas con rúcula e queixo de Valdeón mentres que Carlos Barreira & Gerson Igrexas, de Ruxe Ruxe, presentarán a súa Tataki de Bonito de Anzol con polenta de algas e sésamo e a súa Ruxeburguer de rabo de vaca con San Simon e ketchup de cereixas e pemento asado. Finalmente Héctor López, do restaurante España, presentará Vieira marinada, perlas de soia e fideos de calabacín e Ravioli de boi galego con queixo San Simón da costa.

Pequeñas grandes creacións

O venres será a quenda de Manuel Núñez, do Arume, co seu Taco de millo corvo, zorza e queixo Patelo e Carpaccio de porco celta, vermut e rabanitos. Acompañaralle Diego López, da Molinera, que ofrecerá Sopa de Cocido de Lalín e Cacheira melosa, alcaparras e vinagreta de xudías tenras. Nacho Rodríguez, de Gastromanía Casa de Xantar ofrecerá pola súa banda Ensaladilla + pescada lañada + ourizo emulsionado y Roast beef de vaca afumada con aderezo picante e encurtidos.

Yayo Daporta tamén estará durante a segunda xornada do festival, co seu Panucho de carne ó caldeiro e a Fajita de bonito de Burela mentres que Álvaro Villasante, do Paprica de Lugo, ofrecerá Salchicha de bonito de Burela e Torta Sácher e Roberto Ruiz, de Punto Mx os seus Sopes de cochinita pibil e Sopes de tenreira con chipotle.

Finalmente o sábado, Pablo Pérez do Pulgar ofrecerá Secreto Ibérico con salmorejo e Vieira Tom Kha con apionabo; Mario Castrellón dos restaurantes Maito e Fume, Polbo con coco e Torrejitas de Bacallau (Bragadap) e Iago Castrillón fará tandem con Alberto Alonso en 2Estaciones e ofrecerá Ensaladilla de polbo seco e Torrija de bullabesa con gamba vermella de Denia. Os responsables da Tafona, Lucía Freitas e Nacho Tenro apostarán por Ceviche de pescada do Celeiro e Bocadillo de churrasco de porco celta mentres que os do Nova de Ourense, Daniel Guzmán e Julio Sotomayor farano polo Burguer de salmón, soia e pan de wasabi e o Tomate, ovo e “queixo da nabiza”. Finalmente Iago Pazos, de Abastos 2.0 traerá ao PortAmérica EntrePan dVaca e HappyFroitas.

Comparte...