Festival SAL, unha cita ineludible no calendario gastronómico

Festival SAL, unha cita ineludible no calendario gastronómico

O Festival SAL Sabores Atlánticos, que se celebrará entre o 15 e o 17 de xuño en A Coruña, é un novo evento gastronómico que pretende poñer en valor a cociña atlántica cun cartel de excepción. Este novo  gastrofestival contará coa presenza de 12 chefs con Estrela Michelin de España e Portugal, ademais de charlas, música e actividades infantís abrindo así o seu cartel a todos os públicos.

A idea do festival é reunir, na explanada de O Parrote de A Coruña, a un elenco gastronómico único, destacando a cidade e a súa contorna como un destino gastronómico de primeiro nivel. No evento participarán máis de 30 chefs que elaborarán preparacións culinarias moi diferente para que o público poida experimentar notas tradicionais mesturadas coa cociña galega contemporánea.

Un total de 12 chefs con Estrela  Michelin de España e Portugal participarán no evento. Entre eles atópanse os galegos Pepe Solla, Iván Domínguez e Luís  Veira, Carlos Villar, Javier Olleros e Caco Agrasar. Ademais outros nomes de recoñecido prestixio como Alberto Lareo, Lucía  Freitas ou Gerson Iglesias ofrecerán tamén  showcookings jam  sessions durante os tres días que dura o Festival SAL.

O evento contará tamén con charlas e talleres sobre elementos fundamentais da gastronomía atlántica como son as algas ou sobre cuestións como os produtos de proximidade. El Mercado de la Cosecha, iniciativa da Corporación Hijos de Rivera para o desenvolvemento do medio rural, estará tamén presente na primeira edición do Festival SAL, que pretende mostrar o espírito aberto e a experiencia gastronómica de excepción que ofrece A Coruña.  Un espazo dedicado ao viño, a oferta gastronómica de food  trucks e restaurantes da cidade, actividades para nenos e música completan o cartel da primeira edición deste gastro festival.

 

Comparte...