O viño do Ribeiro e Ribadavia viviron a súa tradicional Feira do Viño do Ribeiro

O viño do Ribeiro e Ribadavia viviron a súa tradicional Feira do Viño do Ribeiro

Ribadavia celebrou a súa tradicional Feira do Viño do Ribeiro, que chegou á súa edición número 53; ademais das súas actividades de dinamización neste evento decidíronse e coñecéronse os gañadores da súa cata popular

Pasemos ao reparto de premiados. Na categoría de Viños Brancos de Adegas o escollido como mellor viño Priorato de Razamonde 2.015, de Viña da Cal. Na categoría Viños Brancos de Colleiteiros, levou o primeiro premio Cuñas Davia 2.015 de Adegas Valdavia, o viño Pazos de Albor 2.015 de Mónica Albor López recibiu o segundo premio e o terceiro premio recaeu no viño Sameirás 2.015 de Antonio Cajide Gulín. Por último, na categoría de Viños Tintos o primeiro premio foi para Viña do Campo 2.014 de Bodegas Docampo, o segundo premio recaeu en Cuñas Davia 2.014 de Adegas Valdavia e o terceiro premio foi para Joaquín Vázquez 2.015 de Joaquín Vázquez Martínez.

Por outra banda, recoñeceuse como Mellor Catador de Viños Tintos a Noemí Penela de Castrelo de Miño, na categoría de Mellor Catador de Viños Brancos de Colleiteiro premiouse a Marcos Gutiérrez, veciño de Vigo e como Mellor Catador de Viños Brancos de Adega o galardonado foi Roberto Taibo, de Ribadavia. Estes premios outórganse ás persoas que máis se acheguen aos resultados finais dos viños premiados en cada unha das categorías.

A Igrexa da Madalena, no Barrio Xudío de Ribadavia, serviu de sede á súa cata popular a cegas. Este evento, organizado polo C.R.D.O. Ribeiro, estivo dirixido ao público, que é quen cata e premia os mellores viños da feira. Participaron un total de 9 viños blancos de adegas, 18 viños brancos de colleiteiros e 19 tintos.

Comparte...