A Festa Gastronómica da Enfariñada congrega a centenares de visitantes na súa primeira edición

A Festa Gastronómica da Enfariñada congrega a centenares de visitantes na súa primeira edición

O domingo 6 de maio reuníronse en Trabada centenares de veciños e turistas para degustar o prato típico da localidade: a enfariñada. Na primeira edición desta festividade gastro-cultural, a participación foi moi alta, polo que se pensa xa nunha segunda edición, para que a festa continúe crecendo.

A degustación da enfariñada, elaborada polas mulleres da Asociación Marco da Pena Verde no mediodía do domingo, foi o momento máis esperado do evento. A enfariñada é o prato típico de Trabada e está elaborado a base de ovos e cortizas, nunha receita tradicional que se segue cociñando na actualidade.

As actividades da festa iniciábanse ás 12 da mañá cunha demostración de cestería e varios postos de artesanía, ademais de varias actuacións musicais que amenizaron a degustación

Comparte...