Actividades enogastronómicas e cartel para a Feira do Viño do Ribeiro de Ribadavia

Actividades enogastronómicas e cartel para a Feira do Viño do Ribeiro de Ribadavia

Feira do Viño do Ribeiro, a mellor celebración arredor do viño da D.O. Ribeiro, que este ano alcanza a súa 51ª edición, terá lugar os días 2, 3 e 4 de maio en Ribadavia.

A Feira do Viño xa ten cartel, escollido nun concurso, obra de Carla Alonso Formoso, de Vigo, cun premio de 1.500 euros. Neste certame houbo dous accésits, para María Estrada Ibáñez, de Vigo, e Sonia Míguez Amil, de Ribadavia, cun premio de 250 € cada un.

Ademais, a festa enogastronómica presentou o seu calendario de actividades paralelas, que se desenvolverán na aula de actividades da Feira.

Sábado, día 3 de maio

13.00 h

Conferencia inaugural e Presentación Xornada Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia

13.15 h

Obradoiro de cociña “Creatividade con viños do Ribeiro”.

Imparte: Rafael Centeno, cociñeiro do Restaurante Maruja-Limón (Vigo) – Grupo Nove – Estrela Michelin

17.00 h

Concurso Escolas Hostalaría de Galicia “Cociñar con viño do Ribeiro”.

Participación dos representantes das tres Escolas de Hostalaría finalistas do concurso.

20.00 h

Obradoiro de cociña “Clasicismo en Evolución no Ribeiro”.

Imparte: Diego López, cociñeiro do RestauranteLa Molinera(Lalín) – Premio “Cociñeiro do Ano de Galicia2014”, no Fórum Gastronómico A Coruña 2014.

 

 

Domingo, día 4 de maio

12.30 h

Blog-Cooking “Sabores e aromas do viño do Ribeiro”.

Participación de 3 bloggers gastronómicos que elaborarán, en directo, tres pratos (Entrante, prato principal e postre) cun ingrediente común: o viño do Ribeiro.

17.00 h

Obradoiro de cociña infantil: “Repostería Creativa”.

Imparte: Paula Ruiz Iglesias, responsable de Lambonarte.

19.00 h

Entrega dos premios da Cata Popular da Feira do Viño do Ribeiro.

Presentación do resultado do concurso da Cata Popular da Feira do Viño do Ribeiro. 

Os viños da D.O. Ribeiro, na ProWein

Ademais das súas actividades en Galicia, a Denominación de Orixe Ribeiro tamén aposta pola internacionalización e, deste xeito, o seu Consello Regulador acudiu a finais de marzo á feira alemá ProWein en Düsseldorf.

Trátase dunha cita para sector do viño e os destilados, na que se reúnen prensa e axentes de mercado non só europeos, senón das principais rexións vitivinícolas e de consumo do mundo.

O C.R.D.O. Ribeiro contou cun posto e espazos para as adegas Campante, Casal de Armán, Coto de Gomariz e Viña Costeira.

Comparte...