Degustacións gratuítas das Filloas de Lestedo

Degustacións gratuítas das Filloas de Lestedo

El Corte Inglés de Santiago promociona a Festa da Filloa de Lestedo con degustacións gratuítas

A oferta gastronómica que ofrece El Corte Inglés de Santiago enriquécese coa degustación gratuíta de filloas elaboradas en directo na Cafetería ata o 17 de febreiro, da man de Carmen Rey, veciña de Lestedo e membro da Comisión de Festas de Lestedo – Boqueixón.

Na presentación, invitouse a tódolos galegos e visitantes a asistir o 18 de febreiro a Lestedo, para celebrar as Festas da Filloa. Pati Blanco, director de Comunicación e Relacións Institucionais de El Corte Inglés Galicia, resalta que “é un orgullo para El Corte Inglés ser unha plataforma de promoción da filloa, produto autóctono de Galicia, que está presente en tódalas mesas de Entroido, tanto cómo postre, como maridando con chourizo ou como substituto do pan”.

José Manuel Canabal Vázquez, presidente da Asociación da Filloa de Lestedo, resalta “a aposta pola filloa que fai El Corte Inglés e o Concello de Boqueixón así como a dispoñibilidade de Carmen Rey para representar a Lestedo nesta acción”.

Pola súa parte, Pablo Vázquez, responsable de Hostelería de El Corte Inglés Santiago, animou a tódolos compostelanos a achegarse para disfrutar en directo da elaboración das filloas e posteriormente degustalas.

A Festa da Filloa de Lestedo

Celebra este ano a súa 35 edición, foi unha das primeras exaltacións gastronómicas celebradas en Galicia, centrándose nun produto exclusivamente galego. E dada a súa antigüedade, nace cómo unha verdadeira posta en valor de este produto característico do Entroido Galego.

Comparte...