Finalistas a Cociñeiro do ano: Gorka Rodríguez

Finalistas a Cociñeiro do ano: Gorka Rodríguez

Seguimos analizando o perfil dos candidatos a recibir o premio Cociñeiro do Ano, o certame do Fórum Gastronómico 2015, esta vez entrevistando a Gorka Rodríguez. Con 80 anos de tradición ás súas costas, xa que é o bisneto dos fundadores da Pulpeira de Melide, foi o encargado de poñer ao día o negocio familiar logrando consolidar un novo modelo de restaurante baseado na cociña tradicional e o produto fresco de mercado, sen deixar de lado as últimas tendencias culinarias. Pasou por cociñas de renome internacional, entre as que destacan as do Noma, El Celler de Can Roca ou Mugaritz. Actualmente podemos gozar do seu traballo no Campo da Leña, en pleno centro da Coruña.

BB Pesa moito tanta tradición familiar? Foi doado reinventarse?
GR Más que pesar é unha motivación intentar estar á altura deles. Fai que cada mañá me erga cunhas ganas tremendas de superarme.

BB Que é o que máis destacarías das túas experiencias en cociñas tan importantes como as de Noma ou El Celler de Can Roca?
Sobre todo que se queres ir logrando obxectivos, o traballo é a única vía.

BB Que é aquilo que che achegou a túa familia que máis valoras no teu día a día no restaurante?
GR A estabilidade.

BB Un xefe de cociña de referencia.
GR Só un? Diríache cen. Iso é o bonito de comer, que o podes facer de mil formas distintas e non por iso menos boas. Pero si é verdade que me impactou a paixón de Andoni e o seu equipo.

BB Un prato que represente o teu traballo.
GR O polbo á feira paréceme tan representativo da miña cociña como da gastronomía galega en xeral. Cando tes un produto 10 inténtalo acariciar con coidado para non estropealo.

BB El ingrediente imprescindible.
GR A sal. Non se me ocorre nada máis imprescindible na cociña salgada que isto, valla a redundancia.

BB Un libro de cociña que che inspirara.
GR Os libros de cociña axudan moito no traballo diario pero a inspiración encóntroa noutro tipo de literaturas. Intento desconectar cando saio do traballo. Faime ter outra perspectiva. Acabo de rematar “O temor dun home sabio” de Patrick Rothfuss, o cal recomendo encarecidamente. Eu persoalmente encontro moita máis inspiración neste tipo de libros que nun libro de receitas.

BB Se tiveses que escoller 2 adxectivos para cualificar o teu traballo serían…
GR Digo 2 substantivos: paixón e tenacidade.

BB Gustaríache que a túa cociña se recordase por…
GR Non creo que a miña cociña sexa recordada, así que me conformo con intentar de dar comer rico.

BB Que supón para ti ser finalista no certame “Cociñeiro do ano”?
GR Moita ilusión. Este tipo de cousas axudan moito a seguir traballando.

Podes darlle o teu voto aquí.

Comparte...